Betatester
Marzo 6, 2006 at 2:47 pm | In TecnoloxÃa | No CommentsO do post anterior veume a memoria porque acabo de botarlle un repaso ó novo Office Live, que, por certo, non ten nada que ver coa ofimática, senón que é unha especie de servicio de aloxamento, con mecanismos para compartir datos, e en resumo, “traballar de forma mais eficaz”. Total, que me rexistrei como betatester na versión básica, que din que vai ser gratuÃta. A razón principal, é que che dan un dominio de forma gratuÃta. Ou iso é o que din. No caso de que me collan, seguirei informando. No caso de que tamén me collan no novo servicio de aloxamento de google, farei unha comparativa, se hai algo que comparar…
Preguntas da vida
Marzo 6, 2006 at 2:27 pm | In TecnoloxÃa | No Comments¿Quen coñece a alguén que pagara polo Office de Microsoft? Sen contar as versións que che empaquetan cando mercas o ordenador.
La de cosas que hemos visto…
Marzo 6, 2006 at 2:11 am | In nin carne nin pescado | 3 CommentsCarai, como pasa o tempo! Un par de dÃas sen postear, e a de cousas que suceden…
Que se Pablo, o noso Pablo, saca blog novo, con contidos autóctonos: Mozart, coñas (con ñ , eh, malpensados?) mariñeiras, e alusións varias a Buenafuente e Scarlett Johansson que parece que viñeron pegadas á plantilla de Juanciño. Esperamos en breve o primeiro post sobre a súa amigha.
E o viaxeiro interestelar que ás veces coñecemos como Antonio, volveu a orbitar pola nosa galaxia…
Mentres tanto, rematamos “oficialmente” o proxecto de reconstrucción da Praza Roxa de Santiago en 3D, do que creo que non falei, nin falarei agora, porque, entre outras cousas, quedan un par de retoques “oficiosos” para que se poida subir á rede. Mentres tanto, e xa podes estar contento, Juan, dous links nun mesmo post, isto foi parte do que fixemos.
Despois disto, algún tempo de inatividade forzosa, e unha entrevista para unhas prácticas de infografÃa na Voz de Galicia. Que dar, non mas darán, pero nesas tres horas aprendÃn un huevo de infografÃa. E non mas darán porque teño á burrocracia universitaria tentando diversificar a miña formación a base de non deixarme presentar a convocatorias. Isto dá para un post por sà mesmo, non lle quitemos importancia.
E neste mundo dixital e ilusorio, no que me gusta perderme, tamén hai novidades:
Comezando polas grandes empresas, Xa probei o Google talk, que agora ven integrado no correo, e que se pode configurar sen maiores problemas nun cliente de Jabber, ou no Gaim, coma no meu caso… e estou esperando que me manden o aviso para probar o seu novo servicio: espacio web! Xa lle escoitei a alguén chamarlle o Geocities da web 2.0… non me acordo quen foi o pedante… que blog mais de coña, pensarás, nin respecta sequera as reglas do trackbacking mais básicas… E falando de Microsoft, saca navegador “novo”, cunha páxina na que o flash da gañas de chorar. Menos mal que o IE7 vai ser copiado do findifox, que se se teñen que por estes a projramar, estabamos listos. (¿Pero que clase de público ten esta xente?)
Por certo, que como levo un mes traballando só en Windows, creo que vou postear un dÃa destes un top 10, ou top o que sexa con utilidades gratuÃtas que facilitan a vida en windows, testeadas por un vago de primeira.
Xa non me lembraba… o penúltimo dÃa de traballo dese marabilloso proxecto da Praza Roxa, cargueime a placa base ó intentar instalar unha memoria que me venderon coma compatible… dende entonces o bicho este no que escribo ghasta un amd64 noviño do trinque, no que inda non puiden configurar o sonido dende Linux. E a tarxeta de rede só funciona porque lle contei un par de mentiras piadosas ó instalador de debian…
Tamén tiven que mercar unha tarxeta gráfica nova… porque a placa nova non tiña un mÃsero AGP. Estaba tan apenado pola defunción da miña plaquiña vella, que pedÃn a mais barata e non me dei conta de que me puxeron unha ATI. Esta decisión, a priori inocente, levarame, nun par de semanas, a ter que escribir un post sobre “a miña primeira vez” intimando co kernel. A cousa vai pra largo, porque, cometÃn dous pecados: o de instalarlle a mula en windows á miña irmá (tampouco falei inda da miña irmá no blog!), e o de instalar KDE (botaba de menos o amaroK, que me daba problemas de dependencias só con GNOME, pero agora estou hastiado con tanto programiña inutil e repetido que che enchufa).
E un dÃa destes prometo currarme un artigo sobre Unicode, ou como escribir en chino nun blog.
Bueno, creo que isto xa valeu para que comprobedes que sigo no mundo dos “vivos”, isto é, dos egocentristas que temos blog, e que posteamos testamentos coma este pensando que a alguén lle poden interesar… Supoño que se a alguén lle interesa a miña vida, e chegou ata aquÃ, tamén quererá saber por que estiven tanto tempo sen postear… pois ben, resulta que me chejou un virus para blogs! agora xa está controlado, e só queda un resquicio en forma de gif que non se quita, pero paseinas p***s para quitalo… en fÃn, aà o tedes
AllPeers
Xaneiro 19, 2006 at 2:09 pm | In GNU/Linux, TecnoloxÃa | 1 CommentDebe ser bonito traballar para Mozilla. Porque volver do traballo e atoparse que alguén fai cousas como AllPeers para o teu navegador… iso non ten prezo. AllPeers tenta xuntar as redes P2P, concretamente BitTorrent, e Firefox. Non se trata tanto de que un se conecte a redes descoñecidas para baixarse música e pelis (anque seguro que se poderá facer), como de ter unha lista de amigos, e intercambiar arquivos do propio disco duro con eles, cunha interface moi sinxela, e todo integrado nunha extensión de Firefox. AllPeers inda non saiu á luz, pero parece que non lle queda moito.
Hai varios tipos de usuarios de navegadores web. Pero o usuario común, o que non entende nin necesita estándares, e que confunde o concepto navegador co de internet, é , sen sabelo, o que decide a maior parte do pastel no mercado dos navegadores. Moita xente cre que coa saÃda da versión 7 do Internet Explorer de Microsoft, e as súas “caracterÃsticas innovadoras” coma a navegación por pestañas, O navegador Firefox volverá a caer no esquecemento. Iniciativas como esta, que apuntan a un dos problemas mais común dos usuarios, o de configurar a mula, fanme pensar que a loita non se decidirá tan pronto.
Nacer loira…
Xaneiro 2, 2006 at 9:54 pm | In nin carne nin pescado | No CommentsEste é o mellor chiste de rubias que vin hai moito tempo. É un pouco longo, pero merece a pena…
B.Reloaded
Decembro 24, 2005 at 7:31 pm | In GNU/Linux, TecnoloxÃa | 3 CommentsO vintedous deste mes saiu unha nova versión do proxecto mais prometedor de software libre (na miña humilde opinión): Blender. Blender é un programa de deseño en 3D, e non lle ten que envexar nadiña a opcións que costan centos de euros. E ven cargado de novidades. Eu levo un mes fuchicando cos fluÃdos, “facendo augas” ;-), gracias a versión alfa que sacaran en novembro
Que comece a loita!
Decembro 21, 2005 at 8:54 pm | In TecnoloxÃa | No CommentsUnha das formas mais parvas, e por iso mais adictivas, de gasta-lo tempo en internet é ir á páxina de googlefight. A gracia está en coller dúas palabras e ver cal é a que mais sae no Google. Mentres, dous bonecos de pao escenifican unha pelexa na que gaña o que mais veces apareza no buscador. Moi bo pra resolver esas disputas tan tradicionais entre aldeas do interior ourensán sen chegar (fÃsicamente) ás mans.
Always cocacola?
Decembro 21, 2005 at 1:59 pm | In nin carne nin pescado | No CommentsA cousa parece inocentiña de todo. O rapaz vai á máquina, colle unha cocacola, dúas… e sen embargo este anuncio foi prohibido. Por que será?
Vaia tardiña
Decembro 20, 2005 at 10:50 pm | In Que lle queres, TecnoloxÃa | 3 CommentsE mira que tiña cousas que facer esta tarde, pero estiven empantangado co demo do ordenador. Resulta que por un traballo académico tiña que usar uns cantos programas de deseño en 2 e 3D. E mira tà por donde, o Windows Ãa lento. Costáballe deus e axuda iniciar un simple Word ou Firefox, e cando o facÃa a velocidade de reacción non era, nin moito menos a adecuada para traballar.
Como non entendo moi ben as interioridades de Windows, optei pola solución mais fácil: formatear, e instalalo todo outra vez, xa que realmente non preciso de moitos programas, e os meus arquivos persoais estaban “a salvo” nunha partición propia.
O comezo non foi mal: meter o cd, formatear a partición c: (por si los virus) e comezar a instalación. Ó cabo de media hora, e despois de dous reinicios, o ordenador comezou coa rolda de preguntas de configuración. E aà se acabou a miña alegrÃa: á hora de activar o Windows XP, sáltame con que teño superada a cota de reinstalacións permitidas coa miña ID. Contiven con tódalas miñas forzas as ganas de tirar o ordenador pola ventá, pensando que o pobre bicho tampouco ten a culpa do que fai o software. Un compra Windows orixinal, xa que non por simpatÃa coa empresa que o vende, polo menos para non ter problemas de licencias… vale, confeso que non lin na EULA cantas veces podÃas instalalo… pero xúrovos que non foron mais de dez, e que non lle prestei ese disco nin a súa clave a ninguén! Pagar mais de cen euros por un software, e descubrir que non o podes reinstalar mais dun par de veces foi demasiado pra min.
DecidÃn aproveitar a pouca lucidez que me quedaba para lidiar co xestor de arrinque, que o XP asoballara no seu Ãmpetu instalador. Nese momento agradecÃn non ter mais amigos frikis, posto que me quedaban aÃnda cds de Ubuntu na casa. Introducir un, reiniciar, e volver a instalar o grub non foi excesivamente complicado. AÃ van os comandos:
montar a partición raÃz, no meu caso /dev/hda6, en calquera parte. Se xa está montada, asegurarse que podemos escribir nela. Se non, desmontar e montar:
mount -t ext3 -o rw /dev /hda6 /mnt/hda6
Agora “enxaulámonos” dentro do hda6 co comando chroot:
chroot /mnt/hda6/
Asà ese directorio pasará a ser o directorio raÃz do sistema. E agora só queda:
grub-install /dev/hda
Reinicio o PC, e aparece o meu querido xestor de arrinque. Inicio debian e atópome co saúdo inesperado dun kernel panic. Cos nervios de picos de pardo (ó fin e o cabo é o ordenador da familia), sen Linux e co Windows deshauciado é o mellor momento para que a nai dun se lle ocorra mandarte a unha ferreterÃa á outra punta de Ourense. Mira que a min me gustan as ferreterÃas, pero hoxe cagueime nas grapas para alambre do 16 canto quixen.
Ã? volta, o Linux non volvera en sà por arte de maxia. Descartei a miña solución habitual de vago: habÃa moitos documentos importantes, e un servidor en funcionamento, e o formateo e reinstalación non era unha opción válida. Eu tiña algo sobre recuperar o grub nun artigo dunha revista, lembrei. Non, non me vale. Non me quedaba mais remedio que usar a lóxica. A mensaxe de erro falaba dun arquivo que non atopaba no directorio raÃz… pero eu non lle toquei a nada mais que ó grub! Igual é que busca na partición que non é. Mirei o /boot/grub/menu.lst e alà estaba chantado un hda7 como unha catedral de directorio raÃz.
Non me explico ben o por qué, pero cámbioo, e asà o linux comeza a cargar. Chega a pantalla de login, nome, contrasinal… parece ser que non ten vostede directorio /home asociado ¡como que non! ¿e os meus documentos onde están?
nano /etc/fstab
e logo
cat /proc/partitions
E resulta, que de algunha maneira que non entendo, tódalas particións se correran un lugar. AsÃ, hda7 pasou a chamarse hda6, e por iso non arrancaba. hda8, o meu /home, era agora hda7. E hda4, a partición NTFS de datos do Windows, era hda3. Nono entendÃn, pero cambiei o nome dos dispositivos no fstab para ver se colaba… e efectivamente, colou. Linux parece funcionar perfectamente, quitando que agora non teño acceso ó contido do meu disco NTFS, configurado mediante captive-ntfs. Xa o resolverei mais tarde, que foron moitas tocaduras de güevos para un só dÃa.
Para que a ninguén lle suceda o que a min co Windows, hai un truco. Se tedes que reinstalar un Windows XP copiade antes o arquivo wpa.dbl en calquera lado, e cando reinstaledes sobreescribide o novo con ese. O truco completo pódese ver aquÃ.
Cantas cousas útiles aprende un cando o seu xa non ten remedio… Por certo, ¿non terá ninguén un Windows XP para regalarme?
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

