Hola, mundo… carallo, fai frío!
Novembro 24, 2005 at 10:05 pm | In Que lle queres | 6 CommentsEste non é un blog con pretensións. A moda blogueira está arrasando dende hai mais de catro anos, e deixounos algunha pequena xoia, e sobre todo, moita morralla. Non pretendo falar de cousas profundas nin escribir panfletos metafísicos. Xa hai ben xente que o fai. Tampouco quero escribir crítica política, a non ser que me faga eco da opinión de alguén que o mereza, ou en casos moi especiais e contados. Que ninguén espere outra cousa que un par de apuntes friquis, deses que se atopan navegando pola rede, ou baixando a comprar o pan.
Comezo este blog por varios motivos: o primeiro é que teño conexión estable a internet, unha invitación de wordpress de rebote e moito tempo libre. O segundo é que levo uns anos tocándolle os huevos a determinadas persoas en Compostela, e hai posibilidades de que se pregunten por que latitudes ando, e de que lles interese isto. E o terceiro é o mesmo polo que os navegantes levan cadernos de bitácoras: cando saes a mar aberto é bo ir anotando por onde pasas, pra cando veña o socio capitalista a pedirche contas polo barco destrozado. E eu teño particularmente mala memoria.
6 Comentarios »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Deixa un comentario
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.
gonitos los blogulos azules q dan oxigeno
Comentario�Comentarios por nena — Novembro 24, 2005 #
feliz travesia!!! aínda q nalgúns estados non terías a idade suficiente para navegar, polo menos ata o luns… (jeje, presumo de asaltacunas)
Comentario�Comentarios por nenadica — Novembro 24, 2005 #
Moitos diranche que un barco é un instrumento para navegar, e terán razón.
Sen embargo, serán incapaces de ver que o barco realmente serve para chegar a un porto.
Ti, que podes como practicamente ninguén máis pode facelo, non desaproveites a travesía.
Benvido, amigo
Comentario�Comentarios por CheXire — Novembro 25, 2005 #
E por certo, abríjate
Comentario�Comentarios por CheXire — Novembro 25, 2005 #
Alegra-me q tb tu t sumes ao Blogomilho, Teixugo
Comentario�Comentarios por coUZa — Novembro 25, 2005 #
Mirar o que fixeches e facedes é para min como ter diante as fotos vellas de todos nós que nunca fixemos, (Vexo-te-mos-nos) lendo, sen mirar.
O bo é que, mentres nas fotos hai silencio, ou eu non atisbo a por sonido, nos retratos que vindes de crear, o mellor é que nunca os vas poder atopar dúas veces igual e din tanto.
Ocórreseme que a maxia pode ser escapar do terreo e das coordenadas motivados por un estímulo para que a consciencia se esvaeza e logo qué?
Que mellor maneira de contar para evitar consumir a realidade e ser quen de vivila.
Comentario�Comentarios por eu no xardín — Novembro 26, 2005 #