AllPeers
Xaneiro 19, 2006 at 2:09 pm | In GNU/Linux, Tecnoloxía | 1 CommentDebe ser bonito traballar para Mozilla. Porque volver do traballo e atoparse que alguén fai cousas como AllPeers para o teu navegador… iso non ten prezo. AllPeers tenta xuntar as redes P2P, concretamente BitTorrent, e Firefox. Non se trata tanto de que un se conecte a redes descoñecidas para baixarse música e pelis (anque seguro que se poderá facer), como de ter unha lista de amigos, e intercambiar arquivos do propio disco duro con eles, cunha interface moi sinxela, e todo integrado nunha extensión de Firefox. AllPeers inda non saiu á luz, pero parece que non lle queda moito.
Hai varios tipos de usuarios de navegadores web. Pero o usuario común, o que non entende nin necesita estándares, e que confunde o concepto navegador co de internet, é , sen sabelo, o que decide a maior parte do pastel no mercado dos navegadores. Moita xente cre que coa saída da versión 7 do Internet Explorer de Microsoft, e as súas “características innovadoras” coma a navegación por pestañas, O navegador Firefox volverá a caer no esquecemento. Iniciativas como esta, que apuntan a un dos problemas mais común dos usuarios, o de configurar a mula, fanme pensar que a loita non se decidirá tan pronto.
1 comentario »
RSS feed for comments on this post. TrackBack URI
Deixa un comentario
Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.
Moito falar de Antonio,pero ti non te quedas atrás…
ACTUALIZACIÓN XA!!!
Comentario�Comentarios por CheXire — Febreiro 14, 2006 #