La de cosas que hemos visto…

Marzo 6, 2006 at 2:11 am | In nin carne nin pescado | 3 Comments

Carai, como pasa o tempo! Un par de días sen postear, e a de cousas que suceden…

Que se Pablo, o noso Pablo, saca blog novo, con contidos autóctonos: Mozart, coñas (con ñ , eh, malpensados?) mariñeiras, e alusións varias a Buenafuente e Scarlett Johansson que parece que viñeron pegadas á plantilla de Juanciño. Esperamos en breve o primeiro post sobre a súa amigha.

E o viaxeiro interestelar que ás veces coñecemos como Antonio, volveu a orbitar pola nosa galaxia…

Mentres tanto, rematamos “oficialmente” o proxecto de reconstrucción da Praza Roxa de Santiago en 3D, do que creo que non falei, nin falarei agora, porque, entre outras cousas, quedan un par de retoques “oficiosos” para que se poida subir á rede. Mentres tanto, e xa podes estar contento, Juan, dous links nun mesmo post, isto foi parte do que fixemos.

Despois disto, algún tempo de inatividade forzosa, e unha entrevista para unhas prácticas de infografía na Voz de Galicia. Que dar, non mas darán, pero nesas tres horas aprendín un huevo de infografía. E non mas darán porque teño á burrocracia universitaria tentando diversificar a miña formación a base de non deixarme presentar a convocatorias. Isto dá para un post por sí mesmo, non lle quitemos importancia.

E neste mundo dixital e ilusorio, no que me gusta perderme, tamén hai novidades:

Comezando polas grandes empresas, Xa probei o Google talk, que agora ven integrado no correo, e que se pode configurar sen maiores problemas nun cliente de Jabber, ou no Gaim, coma no meu caso… e estou esperando que me manden o aviso para probar o seu novo servicio: espacio web! Xa lle escoitei a alguén chamarlle o Geocities da web 2.0… non me acordo quen foi o pedante… que blog mais de coña, pensarás, nin respecta sequera as reglas do trackbacking mais básicas… E falando de Microsoft, saca navegador “novo”, cunha páxina na que o flash da gañas de chorar. Menos mal que o IE7 vai ser copiado do findifox, que se se teñen que por estes a projramar, estabamos listos. (¿Pero que clase de público ten esta xente?)

Por certo, que como levo un mes traballando só en Windows, creo que vou postear un día destes un top 10, ou top o que sexa con utilidades gratuítas que facilitan a vida en windows, testeadas por un vago de primeira.

Xa non me lembraba… o penúltimo día de traballo dese marabilloso proxecto da Praza Roxa, cargueime a placa base ó intentar instalar unha memoria que me venderon coma compatible… dende entonces o bicho este no que escribo ghasta un amd64 noviño do trinque, no que inda non puiden configurar o sonido dende Linux. E a tarxeta de rede só funciona porque lle contei un par de mentiras piadosas ó instalador de debian…

Tamén tiven que mercar unha tarxeta gráfica nova… porque a placa nova non tiña un mísero AGP. Estaba tan apenado pola defunción da miña plaquiña vella, que pedín a mais barata e non me dei conta de que me puxeron unha ATI. Esta decisión, a priori inocente, levarame, nun par de semanas, a ter que escribir un post sobre “a miña primeira vez” intimando co kernel. A cousa vai pra largo, porque, cometín dous pecados: o de instalarlle a mula en windows á miña irmá (tampouco falei inda da miña irmá no blog!), e o de instalar KDE (botaba de menos o amaroK, que me daba problemas de dependencias só con GNOME, pero agora estou hastiado con tanto programiña inutil e repetido que che enchufa).

E un día destes prometo currarme un artigo sobre Unicode, ou como escribir en chino nun blog.

Bueno, creo que isto xa valeu para que comprobedes que sigo no mundo dos “vivos”, isto é, dos egocentristas que temos blog, e que posteamos testamentos coma este pensando que a alguén lle poden interesar… Supoño que se a alguén lle interesa a miña vida, e chegou ata aquí, tamén quererá saber por que estiven tanto tempo sen postear… pois ben, resulta que me chejou un virus para blogs! agora xa está controlado, e só queda un resquicio en forma de gif que non se quita, pero paseinas p***s para quitalo… en fín, aí o tedes

Blog.Worm

3 Comentarios »

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

  1. Cres que o bicho ese será familar do meu Spyware? No momento de velo empezou a darme a ostia de avisos, creo que son da familia.

    Por certo, que cando vexas isto xa o saberás, e se estiveses esperto a estas horas, xa o saberías, pero CRASH! acaba de gañar o Oscar á mellor película. Levouse outros dous (guión orixinal e montaxe) e empatou coa dos Malboros Gays (director, guion adaptado, banda sonora) e King Kong e Memorias dunha Geisha que se repartiron os 6 técnicos.

    Dígocho máis que nada porque me tiven que quedar a ta agora de pé para que dentro de 3h estea en exclusiva no proxector da facultade (Pereira xa me pode dar o ascenso por isto…) así que ben merezco ocupar espacio akí, non cres?

    Veña, rapas, non medres moito ou terás que comprar pantalóns novos…

    PostMortem: Por se non a viches aínda, o oscar fará polo menos que aguante un par de semanas mais, pero por se acaso corre a ver Crash, un peliculon…

  2. E gracias polos links, chi cheñor

  3. Pois non, non vin os Oscar. A verdá é que me están entrando ganas de ver esa peli, xa que a pos tan ben, pero ata Ourense non chegou. A ver se este fin de semana vou a Vigo, e me poño ó día en cultura cinemartística ;)


Deixa un comentario

XHTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.