Un par de enlaces

Marzo 6, 2006 at 11:29 pm | In nin carne nin pescado | 1 Comment

A xente de google abúrrese moito. (O primeiro enlace só debe funcionar en mozilla e derivados).

E isto é probablemente a páxina mais geek que vin na miña vida de internauta.

La de cosas que hemos visto…

Marzo 6, 2006 at 2:11 am | In nin carne nin pescado | 3 Comments

Carai, como pasa o tempo! Un par de días sen postear, e a de cousas que suceden…

Que se Pablo, o noso Pablo, saca blog novo, con contidos autóctonos: Mozart, coñas (con ñ , eh, malpensados?) mariñeiras, e alusións varias a Buenafuente e Scarlett Johansson que parece que viñeron pegadas á plantilla de Juanciño. Esperamos en breve o primeiro post sobre a súa amigha.

E o viaxeiro interestelar que ás veces coñecemos como Antonio, volveu a orbitar pola nosa galaxia…

Mentres tanto, rematamos “oficialmente” o proxecto de reconstrucción da Praza Roxa de Santiago en 3D, do que creo que non falei, nin falarei agora, porque, entre outras cousas, quedan un par de retoques “oficiosos” para que se poida subir á rede. Mentres tanto, e xa podes estar contento, Juan, dous links nun mesmo post, isto foi parte do que fixemos.

Despois disto, algún tempo de inatividade forzosa, e unha entrevista para unhas prácticas de infografía na Voz de Galicia. Que dar, non mas darán, pero nesas tres horas aprendín un huevo de infografía. E non mas darán porque teño á burrocracia universitaria tentando diversificar a miña formación a base de non deixarme presentar a convocatorias. Isto dá para un post por sí mesmo, non lle quitemos importancia.

E neste mundo dixital e ilusorio, no que me gusta perderme, tamén hai novidades:

Comezando polas grandes empresas, Xa probei o Google talk, que agora ven integrado no correo, e que se pode configurar sen maiores problemas nun cliente de Jabber, ou no Gaim, coma no meu caso… e estou esperando que me manden o aviso para probar o seu novo servicio: espacio web! Xa lle escoitei a alguén chamarlle o Geocities da web 2.0… non me acordo quen foi o pedante… que blog mais de coña, pensarás, nin respecta sequera as reglas do trackbacking mais básicas… E falando de Microsoft, saca navegador “novo”, cunha páxina na que o flash da gañas de chorar. Menos mal que o IE7 vai ser copiado do findifox, que se se teñen que por estes a projramar, estabamos listos. (¿Pero que clase de público ten esta xente?)

Por certo, que como levo un mes traballando só en Windows, creo que vou postear un día destes un top 10, ou top o que sexa con utilidades gratuítas que facilitan a vida en windows, testeadas por un vago de primeira.

Xa non me lembraba… o penúltimo día de traballo dese marabilloso proxecto da Praza Roxa, cargueime a placa base ó intentar instalar unha memoria que me venderon coma compatible… dende entonces o bicho este no que escribo ghasta un amd64 noviño do trinque, no que inda non puiden configurar o sonido dende Linux. E a tarxeta de rede só funciona porque lle contei un par de mentiras piadosas ó instalador de debian…

Tamén tiven que mercar unha tarxeta gráfica nova… porque a placa nova non tiña un mísero AGP. Estaba tan apenado pola defunción da miña plaquiña vella, que pedín a mais barata e non me dei conta de que me puxeron unha ATI. Esta decisión, a priori inocente, levarame, nun par de semanas, a ter que escribir un post sobre “a miña primeira vez” intimando co kernel. A cousa vai pra largo, porque, cometín dous pecados: o de instalarlle a mula en windows á miña irmá (tampouco falei inda da miña irmá no blog!), e o de instalar KDE (botaba de menos o amaroK, que me daba problemas de dependencias só con GNOME, pero agora estou hastiado con tanto programiña inutil e repetido que che enchufa).

E un día destes prometo currarme un artigo sobre Unicode, ou como escribir en chino nun blog.

Bueno, creo que isto xa valeu para que comprobedes que sigo no mundo dos “vivos”, isto é, dos egocentristas que temos blog, e que posteamos testamentos coma este pensando que a alguén lle poden interesar… Supoño que se a alguén lle interesa a miña vida, e chegou ata aquí, tamén quererá saber por que estiven tanto tempo sen postear… pois ben, resulta que me chejou un virus para blogs! agora xa está controlado, e só queda un resquicio en forma de gif que non se quita, pero paseinas p***s para quitalo… en fín, aí o tedes

Blog.Worm

Nacer loira…

Xaneiro 2, 2006 at 9:54 pm | In nin carne nin pescado | Leave a Comment

Este é o mellor chiste de rubias que vin hai moito tempo. É un pouco longo, pero merece a pena…

Always cocacola?

Decembro 21, 2005 at 1:59 pm | In nin carne nin pescado | Leave a Comment

A cousa parece inocentiña de todo. O rapaz vai á máquina, colle unha cocacola, dúas… e sen embargo este anuncio foi prohibido. Por que será?

A quen lle me dou un aire…

Decembro 13, 2005 at 1:02 am | In nin carne nin pescado | 1 Comment

Xa me topara un par de veces con esta páxina, pero ata agora o vínculo non funcionaba. Chámase My Heritage e ten unha sección de “parecidos razoables”. Tí subes unha foto túa e a máquina da verdade sácache parecido con varios famosos. Sen piedade. Tamén pon unha escala na que indica o porcentaxe de parecido con esa persoa. Ala vos deixo probar… a min saiume unha mistura de Roger Federer e Sandra Bullock nas probas que fixen.

Desterrando o feísmo

Decembro 5, 2005 at 2:16 pm | In nin carne nin pescado | Leave a Comment

Raro é o día en que o xornal La Región non me sorprende cunha noticias desas que che alegran a mañá. Será por iso que a leo pouco. Hoxe, mentres facía cola na peluquería, e como queira que as revistas interesantes estaban collidas, boteille un ollo ó xornal. As noticias pequenas son as mellores, a menos que veñan de axencia, e xa as teñas lido dalgún outro diario…

A alcaldesa de Cartelle sacou un bando. Non, malpensados, a noticia non é esa. Nese bando díse que se premiará a fachada mellor decorada para as Navidades, entre tódalas do concello. ¡Aprende, Allariz! Isto vai ser coma o ratibrón do feísmo, a forma definitiva de eliminalo, nin jranito nin regulación nin gaitas. Co apañado que é chantar o abeto, ou o piñeiro, que total está no monte e non hai que compralo.

E despois están as luces, que ademais de dicir bonito, pois tamén iluminan, e oes, que tampouco están as subvenciós como pra gastar en farolas. Ademais, as luces vense de lonxe, e marcan estilo. Así, se alguén sofre a desgracia de ter que viaxar en coche pola noite, poderá dicir, “Home, que ben, cheguei a Cartelle”. Iso en lenguaxe publicitario chámase ter un estilo, ou imaxe de marca, e din que é complicado de atopar. Pero en Cartelle atinamos co asunto das luciñas. Se non fixádevos nos puticlús de carretera. ¡Qué faciles de ver! ¡Que ben se identifican! Pois nos igual. Ou mellor.

Supoño que cando acabe o Nadal sairá outro bando cun concurso para o Entroido, porque a corporación municipal xa matinaría que despois das festas se retiran as cintiñas e os papanueles, e volve dicir feo o ladrillo. E despois veñen os Ramos. Parece que en Cartelle acabamos de inventar o último berrido da arquitectura: a fachada modular, no seu mais puro estilo ikea.

E xa me esquecía, o premio. O tenente de alcalde parece que quere manter a incógnita, pero adiantou que será unha axuda para paliar os gastos que costa por o arbol e manter o chiringuito. Paliar. Coma cando nos piden cartos para paliar os efectos dun terremoto, carallo. Paliar. Este é das Teixugueiras, notádeo pola finura do estilo (anque non nos deamos a coñecer, somos inconfundibles).

Haicu

Decembro 1, 2005 at 6:39 pm | In nin carne nin pescado | Leave a Comment

Gran verdade:

Os blogs son coma os cus… todo o mundo ten un

A cultura, mais preto

Novembro 28, 2005 at 10:57 pm | In nin carne nin pescado | 1 Comment

Unha boa iniciativa: A partir de mañá a biblioteca do campus de Ourense estará aberta a tódolos cidadáns, e non só ós universitarios. Ata cento oitenta mil libros pode gardar este novo edificio que fixeron. Nada que ver cos sotos do “ferruxe” (así lle chaman ó edificio onde se atopa agora a biblioteca). Que queredes, a min a foto tráeme lembranzas da biblioteca de Siza -tan branquiña, ela.

Semella que a Universidade de Vigo quere compensar a súa xuventude demostrando que está preto dos cidadáns . Vai por bo camiño. A mín concretamente quédame a uns douscentos metros da casa ;-)

Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.