Betatester

Marzo 6, 2006 at 2:47 pm | In Tecnoloxía | Leave a Comment

O do post anterior veume a memoria porque acabo de botarlle un repaso ó novo Office Live, que, por certo, non ten nada que ver coa ofimática, senón que é unha especie de servicio de aloxamento, con mecanismos para compartir datos, e en resumo, “traballar de forma mais eficaz”. Total, que me rexistrei como betatester na versión básica, que din que vai ser gratuíta. A razón principal, é que che dan un dominio de forma gratuíta. Ou iso é o que din. No caso de que me collan, seguirei informando. No caso de que tamén me collan no novo servicio de aloxamento de google, farei unha comparativa, se hai algo que comparar…

Preguntas da vida

Marzo 6, 2006 at 2:27 pm | In Tecnoloxía | Leave a Comment

¿Quen coñece a alguén que pagara polo Office de Microsoft? Sen contar as versións que che empaquetan cando mercas o ordenador.

AllPeers

Xaneiro 19, 2006 at 2:09 pm | In GNU/Linux, Tecnoloxía | 1 Comment

Debe ser bonito traballar para Mozilla. Porque volver do traballo e atoparse que alguén fai cousas como AllPeers para o teu navegador… iso non ten prezo. AllPeers tenta xuntar as redes P2P, concretamente BitTorrent, e Firefox. Non se trata tanto de que un se conecte a redes descoñecidas para baixarse música e pelis (anque seguro que se poderá facer), como de ter unha lista de amigos, e intercambiar arquivos do propio disco duro con eles, cunha interface moi sinxela, e todo integrado nunha extensión de Firefox. AllPeers inda non saiu á luz, pero parece que non lle queda moito.
Hai varios tipos de usuarios de navegadores web. Pero o usuario común, o que non entende nin necesita estándares, e que confunde o concepto navegador co de internet, é , sen sabelo, o que decide a maior parte do pastel no mercado dos navegadores. Moita xente cre que coa saída da versión 7 do Internet Explorer de Microsoft, e as súas “características innovadoras” coma a navegación por pestañas, O navegador Firefox volverá a caer no esquecemento. Iniciativas como esta, que apuntan a un dos problemas mais común dos usuarios, o de configurar a mula, fanme pensar que a loita non se decidirá tan pronto.

B.Reloaded

Decembro 24, 2005 at 7:31 pm | In GNU/Linux, Tecnoloxía | 3 Comments

O vintedous deste mes saiu unha nova versión do proxecto mais prometedor de software libre (na miña humilde opinión): Blender. Blender é un programa de deseño en 3D, e non lle ten que envexar nadiña a opcións que costan centos de euros. E ven cargado de novidades. Eu levo un mes fuchicando cos fluídos, “facendo augas” ;-) , gracias a versión alfa que sacaran en novembro

Que comece a loita!

Decembro 21, 2005 at 8:54 pm | In Tecnoloxía | Leave a Comment

Unha das formas mais parvas, e por iso mais adictivas, de gasta-lo tempo en internet é ir á páxina de googlefight. A gracia está en coller dúas palabras e ver cal é a que mais sae no Google. Mentres, dous bonecos de pao escenifican unha pelexa na que gaña o que mais veces apareza no buscador. Moi bo pra resolver esas disputas  tan tradicionais entre aldeas do interior ourensán sen chegar (físicamente) ás mans.

Vaia tardiña

Decembro 20, 2005 at 10:50 pm | In Que lle queres, Tecnoloxía | 3 Comments

E mira que tiña cousas que facer esta tarde, pero estiven empantangado co demo do ordenador. Resulta que por un traballo académico tiña que usar uns cantos programas de deseño en 2 e 3D. E mira tí por donde, o Windows ía lento. Costáballe deus e axuda iniciar un simple Word ou Firefox, e cando o facía a velocidade de reacción non era, nin moito menos a adecuada para traballar.

Como non entendo moi ben as interioridades de Windows, optei pola solución mais fácil: formatear, e instalalo todo outra vez, xa que realmente non preciso de moitos programas, e os meus arquivos persoais estaban “a salvo” nunha partición propia.

O comezo non foi mal: meter o cd, formatear a partición c: (por si los virus) e comezar a instalación. Ó cabo de media hora, e despois de dous reinicios, o ordenador comezou coa rolda de preguntas de configuración. E aí se acabou a miña alegría: á hora de activar o Windows XP, sáltame con que teño superada a cota de reinstalacións permitidas coa miña ID. Contiven con tódalas miñas forzas as ganas de tirar o ordenador pola ventá, pensando que o pobre bicho tampouco ten a culpa do que fai o software. Un compra Windows orixinal, xa que non por simpatía coa empresa que o vende, polo menos para non ter problemas de licencias… vale, confeso que non lin na EULA cantas veces podías instalalo… pero xúrovos que non foron mais de dez, e que non lle prestei ese disco nin a súa clave a ninguén! Pagar mais de cen euros por un software, e descubrir que non o podes reinstalar mais dun par de veces foi demasiado pra min.
Decidín aproveitar a pouca lucidez que me quedaba para lidiar co xestor de arrinque, que o XP asoballara no seu ímpetu instalador. Nese momento agradecín non ter mais amigos frikis, posto que me quedaban aínda cds de Ubuntu na casa. Introducir un, reiniciar, e volver a instalar o grub non foi excesivamente complicado. Aí van os comandos:

montar a partición raíz, no meu caso /dev/hda6, en calquera parte. Se xa está montada, asegurarse que podemos escribir nela. Se non, desmontar e montar:

mount -t ext3 -o rw /dev /hda6 /mnt/hda6

Agora “enxaulámonos” dentro do hda6 co comando chroot:

chroot /mnt/hda6/

Así ese directorio pasará a ser o directorio raíz do sistema. E agora só queda:

grub-install /dev/hda

Reinicio o PC, e aparece o meu querido xestor de arrinque. Inicio debian e atópome co saúdo inesperado dun kernel panic. Cos nervios de picos de pardo (ó fin e o cabo é o ordenador da familia), sen Linux e co Windows deshauciado é o mellor momento para que a nai dun se lle ocorra mandarte a unha ferretería á outra punta de Ourense. Mira que a min me gustan as ferreterías, pero hoxe cagueime nas grapas para alambre do 16 canto quixen.

Ã? volta, o Linux non volvera en sí por arte de maxia. Descartei a miña solución habitual de vago: había moitos documentos importantes, e un servidor en funcionamento, e o formateo e reinstalación non era unha opción válida. Eu tiña algo sobre recuperar o grub nun artigo dunha revista, lembrei. Non, non me vale. Non me quedaba mais remedio que usar a lóxica. A mensaxe de erro falaba dun arquivo que non atopaba no directorio raíz… pero eu non lle toquei a nada mais que ó grub! Igual é que busca na partición que non é. Mirei o /boot/grub/menu.lst e alí estaba chantado un hda7 como unha catedral de directorio raíz.

Non me explico ben o por qué, pero cámbioo, e así o linux comeza a cargar. Chega a pantalla de login, nome, contrasinal… parece ser que non ten vostede directorio /home asociado ¡como que non! ¿e os meus documentos onde están?

nano /etc/fstab

e logo

cat /proc/partitions

E resulta, que de algunha maneira que non entendo, tódalas particións se correran un lugar. Así, hda7 pasou a chamarse hda6, e por iso non arrancaba. hda8, o meu /home, era agora hda7. E hda4, a partición NTFS de datos do Windows, era hda3. Nono entendín, pero cambiei o nome dos dispositivos no fstab para ver se colaba… e efectivamente, colou. Linux parece funcionar perfectamente, quitando que agora non teño acceso ó contido do meu disco NTFS, configurado mediante captive-ntfs. Xa o resolverei mais tarde, que foron moitas tocaduras de güevos para un só día.

Para que a ninguén lle suceda o que a min co Windows, hai un truco. Se tedes que reinstalar un Windows XP copiade antes o arquivo wpa.dbl en calquera lado, e cando reinstaledes sobreescribide o novo con ese. O truco completo pódese ver aquí.

Cantas cousas útiles aprende un cando o seu xa non ten remedio… Por certo, ¿non terá ninguén un Windows XP para regalarme?

OpenWengo

Decembro 13, 2005 at 1:49 am | In Tecnoloxía | 1 Comment

Algún día téñome que por a facer un resumo de como está o tema da transmisión de voz por computadora. Ademais do Skype que todos coñecemos, hai outros proxectos que tamén merecen a pena.

Últimamente veño usando o Gizmo, que usa o protocolo libre de transmisión de voz SIP. Isto é importante porque non limita a comunicación con quen posúa o mismo programa, coma no caso de Skype. Con SIP podes falar con calquera persoa que utilice software compatible. Ven sendo algo así coma Jabber para a mensaxería instantánea. Gizmo é propietario pero freeware.
Hai outro proxecto que tamén utiliza o SIP, e é software libre: OpenWengo. Heino probar estes días, e verei que tal funciona, pois acabo de enterarme da súa existencia. De momento promete, ademais de audio, incorporar videoconferencia, e un par de truquiños mais. Haino para Windows, Pocket PC, Linux e OS X.

E por certo, para os amantes do skype… atentos á versión 2.0 que sairá pronto para Windows. De momento xa hai unha beta.

Usos do AJAX 1

Decembro 5, 2005 at 5:33 pm | In Tecnoloxía | Leave a Comment

Vou numerar este post, porque parece que cada dous días sae unha aplicación nova que tira desta tecnoloxía (ou turmiloxía, porque disque é un tutifruti de Javascript, XML, cebola, prixel, e o que lle botes). Neste caso visitei meebo, despois de ler un artigo relacionado na Voz de Galicia. Meebo dispón dun cliente de mensaxería instantánea online, que soporta MSN, Yahoo, AIM/ICQ e Jabber. Aparte do detalle do AJAX, non é o primeiro cliente online (mirade por exemplo uns cantos clientes de Jabber aquí), pero… ¡como vai de rápida a criatura! Admite cambio de fontes, cores e emoticonos básicos, pero estes telos que teclear tí.

Instalando Scribus (e II)

Decembro 1, 2005 at 2:36 pm | In GNU/Linux | Leave a Comment

Vale. Solucionado. Parece ser que hai un problema de dependencias coa version .deb do Skype. Para solventalo hai que desinstalar a libqt3c102-mt; instalar libqt3-mt e despois aplicar ese truco informático que todo o resolve, é dicir desmontar e montar. Eu fíxeno así:

instalei o scribus e xa me desistalou o skype e libqt3c102-mt

aptitude install scribus

instalei alien, que polo visto sirve para manexar paquetes .deb, e outras cousas que non entendo

aptitude install alien

báixome o paquete de debian de http://www.skype.com/products/skype/linux/
paso o skype que me acabo de baixar a .tgz

alien –to-tgz skype_1.2.0.18-1_i386.deb

volvo a pasar ese arquivo a .deb

alien –to-deb skype-1.2.0.18.tgz

instalo o paquete que xerou co dpkg

dpkg -i skype_1.2.0.18-2_all.deb

E funciona!

Atopei a solución nesta páxina, que por certo é boa axuda para quen comeze con Debian, ou Ubuntu

Instalando Scribus

Novembro 30, 2005 at 10:05 pm | In GNU/Linux | 1 Comment

The following NEW packages will be installed:
libqt3-mt scribus
The following packages will be REMOVED:
libqt3c102-mt skype
0 packages upgraded, 2 newly installed, 2 to remove and 499 not upgraded.
Need to get 8052kB of archives. After unpacking 6393kB will be used.
Do you want to continue? [Y/n/?]

Scribus e Skype non se queren no meu debian… Isto hai que investigalo

Páxina seguinte »

Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.