AllPeers

Xaneiro 19, 2006 at 2:09 pm | In GNU/Linux, Tecnoloxía | 1 Comment

Debe ser bonito traballar para Mozilla. Porque volver do traballo e atoparse que alguén fai cousas como AllPeers para o teu navegador… iso non ten prezo. AllPeers tenta xuntar as redes P2P, concretamente BitTorrent, e Firefox. Non se trata tanto de que un se conecte a redes descoñecidas para baixarse música e pelis (anque seguro que se poderá facer), como de ter unha lista de amigos, e intercambiar arquivos do propio disco duro con eles, cunha interface moi sinxela, e todo integrado nunha extensión de Firefox. AllPeers inda non saiu á luz, pero parece que non lle queda moito.
Hai varios tipos de usuarios de navegadores web. Pero o usuario común, o que non entende nin necesita estándares, e que confunde o concepto navegador co de internet, é , sen sabelo, o que decide a maior parte do pastel no mercado dos navegadores. Moita xente cre que coa saída da versión 7 do Internet Explorer de Microsoft, e as súas “características innovadoras” coma a navegación por pestañas, O navegador Firefox volverá a caer no esquecemento. Iniciativas como esta, que apuntan a un dos problemas mais común dos usuarios, o de configurar a mula, fanme pensar que a loita non se decidirá tan pronto.

B.Reloaded

Decembro 24, 2005 at 7:31 pm | In GNU/Linux, Tecnoloxía | 3 Comments

O vintedous deste mes saiu unha nova versión do proxecto mais prometedor de software libre (na miña humilde opinión): Blender. Blender é un programa de deseño en 3D, e non lle ten que envexar nadiña a opcións que costan centos de euros. E ven cargado de novidades. Eu levo un mes fuchicando cos fluídos, “facendo augas” ;-) , gracias a versión alfa que sacaran en novembro

Instalando Scribus (e II)

Decembro 1, 2005 at 2:36 pm | In GNU/Linux | Leave a Comment

Vale. Solucionado. Parece ser que hai un problema de dependencias coa version .deb do Skype. Para solventalo hai que desinstalar a libqt3c102-mt; instalar libqt3-mt e despois aplicar ese truco informático que todo o resolve, é dicir desmontar e montar. Eu fíxeno así:

instalei o scribus e xa me desistalou o skype e libqt3c102-mt

aptitude install scribus

instalei alien, que polo visto sirve para manexar paquetes .deb, e outras cousas que non entendo

aptitude install alien

báixome o paquete de debian de http://www.skype.com/products/skype/linux/
paso o skype que me acabo de baixar a .tgz

alien –to-tgz skype_1.2.0.18-1_i386.deb

volvo a pasar ese arquivo a .deb

alien –to-deb skype-1.2.0.18.tgz

instalo o paquete que xerou co dpkg

dpkg -i skype_1.2.0.18-2_all.deb

E funciona!

Atopei a solución nesta páxina, que por certo é boa axuda para quen comeze con Debian, ou Ubuntu

Instalando Scribus

Novembro 30, 2005 at 10:05 pm | In GNU/Linux | 1 Comment

The following NEW packages will be installed:
libqt3-mt scribus
The following packages will be REMOVED:
libqt3c102-mt skype
0 packages upgraded, 2 newly installed, 2 to remove and 499 not upgraded.
Need to get 8052kB of archives. After unpacking 6393kB will be used.
Do you want to continue? [Y/n/?]

Scribus e Skype non se queren no meu debian… Isto hai que investigalo

O ano do teixugo

Novembro 29, 2005 at 5:20 pm | In GNU/Linux | 2 Comments

Xa chegaron os pequenos, así como quen non quere a cousa, e cun día de retraso para regalo de cumpreanos (culpa dos funcionarios de correos, sen dúbida). Son os cds de Ubuntu 5.10, tamén chamado Breezy Badger, ou o teixugo despreocupado, en traducción un pouco libre. A caixa é un pouco mais cutre que a de versións anteriores, pero tampouco lle vas pedir lacado on oro. Ademais, o que importa está no interior.Breezy

A maioría dos quince cds que pedín xa teñen dono: os dous maqueiros para Anxa, e probablemente para o seu primo, en vinganza por aconsellarlle un ibook. Hai tres versións para 64 bits, que lle empaquetarei a Silvia, e ós dous afortunados que merquen ordenador novo a partir de hoxe. E os dez “peceros” de toda a vida levan o nome de Juan, Xerardo… e algún que outro friki que mo pida. Ubuntu é un sistema baseado en debian, pero facil de instalar e de configurar mediante ferramentas gráficas. Mirade as fotos.

Calquera que o desexe pode baixarse a distribución, ou pedila sen custe algún (nin gastos de envío, nin nada).

Bloguea en WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.